Aviso Legal

1.- Estas condicións xerais regulan o uso do sitio web http://www.idsk.es , (en adiante «»a Web»») de Desktop Informática, S.L. (en adiante Dsk) con CIF B15752389. A utilización da Web atribúe a condición de usuario desta (en adiante o Usuario) e expresa a adhesión plena e sen reservas do Usuario a todas e cada unha das Condicións Xerais na versión publicada por Dsk no momento mesmo no que o Usuario acceda á Web.

O acceso ou a utilización de certos servizos e contidos ofrecidos aos Usuarios na Web ou a través dela, encóntrase sometida a certas condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan ou modifican as Condicións Xerais. Con anterioridade ao acceso ou á utilización dos devanditos servizos e contidos, polo tanto, o Usuario ha de ler atentamente tamén as correspondentes Condicións Particulares. O acceso ou a utilización dos devanditos servicios e contidos expresa a enteira e incondicional aceptación das Condicións Particulares na versión publicada por Dsk no momento no que se produza o devandito acceso ou utilización.

2.- A través da Web, Dsk facilítalles aos Usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos a disposición dos Usuarios por Dsk ou por terceiros usuarios da Web ou terceiros provedores de servizos e contidos. Dsk resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo, a presentación e configuración da Web, así como tamén se reserva o dereito a modificar ou eliminar, en calquera momento e sen previo aviso, os servizos e contidos e as condicións requiridas para acceder ou utilizar a Web e os servizos e contidos. Dsk non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da Web e dos servizos e contidos Dsk exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que se poidan deber á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da Web, dos seus servizos ou contidos.

3.- Todo os contidos da Web están protexidos polas leis e tratados de Propiedade Intelectual e Industrial.

4.- A presente Web pode conter conexións con outras webs operadas por terceiros alleos a Dsk. Estas conexións son facilitadas exclusivamente para a comodidade do Usuario. Dsk non controla estas webs nin se fai responsable dos seus contidos. A inclusión das devanditas conexións con outras webs de terceiros non implica a aprobación do contido destas por parte de Dsk nin a existencia de ningún tipo de asociación entre Dsk e as persoas que os operan.

5.- O Usuario comprométese a utilizar a Web e os servizos e contidos de maneira conforme coa lei e co disposto nestas Condicións Xerais e obrígase a absterse de utilizar a Web e os servizos e contidos con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao establecido nas presentes Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros ou que de calquera outra forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar a Web e os seus servizos e contidos ou impedir a normal utilización ou goce desta e dos seus servizos e contidos por parte dos usuarios.

6.- O Usuario obrígase a facer un uso conforme á lei e ás presentes condicións xerais daqueles servicios e contidos que, pola súa natureza, lles permiten ós Usuarios introducir contidos na Web e facelos accesibles a outros Usuarios, como por exemplo os servicios e contidos de chat, foros, correo electrónico, taboleiros de anuncios, páxinas persoais, etc. (en adiante, e de maneira conxunta, foros). Dsk non ten obrigación de controlar e non controla os contidos transmitidos, difundidos ou postos a disposición de terceiros polos Usuarios a través dos foros. Malia isto, Dsk resérvase o dereito a revisar en calquera momento e sen previo aviso, por iniciativa propia ou a petición de terceiros, os contidos transmitidos, difundidos ou postos a disposición de terceiros polos Usuarios a través dos foros e a impedi-la súa transmisión, difusión ou posta a disposición de terceiros no caso de que, ó seu xuízo, resulten contrarios ó disposto nestas Condicións Xerais.

7.- O Usuario é consciente e acepta voluntariamente que o uso da Web, dos seus servicios e contidos, dos foros ou de calquera dos seus contidos, ten lugar en todo caso baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

8.- Dsk non controla con carácter previo e non garante a ausencia de virus nos contidos nin a ausencia doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático do Usuario (software ou hardware) ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no sistema informático do Usuario. Dsk exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que se poidan deber á presenza de virus ou á presenza doutros elementos lesivos nos contidos.

9.- A información, o software e/ou os produtos ou servicios e contidos incluídos nesta Web poden conter inexactitudes ou erros tipográficos. Periodicamente, engádense cambios á información contida nesta Web.Nin Dsk nin os seus subministradores se fan responsables por danos directos, indirectos, punitivos, fortuítos, especiais, derivativos ou de calquera outro tipo, incluíndo a título meramente indicativo e non exhaustivo, danos por perda de uso, de datos ou de ganancias que se deriven ou estean relacionados coa utilización deste sitio Web, coa imposibilidade ou a demora para poder utilizar esta Web, coa prestación de servicios e contidos ou a imposibilidade para isto ou con calquera información, software, produtos ou gráficos relacionados obtidos a través desta Web.

10.- Dsk resérvase o dereito a denegar discrecionalmente en calquera momento e sen necesidade de aviso previo o acceso de calquera Usuario a esta Web ou a algunha parte da mesma.